Concello de Santiago de Compostela

Saltar a contidos
Utilidades (Saltar):

Idiomas (Saltar):



Portada » Noticias » Noticias
DEPORTES

Compostela acollerá o xoves 17 unha nova edición da Carreira Ciclista da Ascensión

Os participantes no acto de presentación celebrado no Obradoiro.
Ampliar Os participantes no acto de presentación celebrado no Obradoiro.


Adrián Varela, Nemesio López, Ángel Currás, Francisco Noya, Santiago Amor e Antonio Fernández.
Ampliar Adrián Varela, Nemesio López, Ángel Currás, Francisco Noya, Santiago Amor e Antonio Fernández.


Intervención do concelleiro de Deportes.
Ampliar Intervención do concelleiro de Deportes.


Outra vista do acto.
Ampliar Outra vista do acto.


15/05/2012 A praza do Obradoiro acolleu a presentación da Carreira Ciclista da Ascensión, que se celebrará o xoves 17, con saída ás 15:00 horas na avenida de Juan Carlos I e chegada á mesma rúa. Esta proba, convertida xa nun clásico do calendario ciclista, contará coa presenza de equipos galegos, asturianos, leoneses e portugueses.

O alcalde compostelán, Ángel Currás, valorou a "cada vez maior relevancia" desta Carreira Ciclista da Ascensión. Boa parte dese éxito atribuíullo ao Club Ciclista Compostelano e ao seu presidente, Nemesio López, ao que agradeceu "a súa contribución ao deporte de Santiago dende hai moitos anos".

O responsable do club foi o encargado de explicar as características dunha etapa que cualificou como "fácil", coa intención de que o pelotón chegue agrupado á meta en Juan Carlos I. Estimou a hora de chegada dos corredores entre as 17:30 e as 18:00 horas.

Encargouse de conducir este acto de presentación da carreira o concelleiro de Deportes, Adrián Varela, quen tamén cedeu a palabra aos alcaldes de Ames, Santiago Amor, e de Padrón, Antonio Fernández, que destacaron os vínculos entre estes dous municipios e Santiago. Nestes haberá dúas metas voantes.

Percorrido e cortes de tráfico
O percorrido, de 125 quilómetros, será o seguinte: Santiago, Castiñeiro, Cacheiras, A Ramallosa, Pontevea, Souto de Vea, Alto de Anllada, Cuntis, San Andrés de Ces, Caldas de Reis, Vilagarcía, Carril, Catoira, Pontecesures, Padrón, Pazos, Picaraña, Os Ánxeles, Bertamiráns, Roxos, Vidán, Santiago.

En Santiago, o percorrido será o seguinte: Rosalía de Castro, Romero Donallo, Amor Ruibal, Restollal, rotonda do Castineiriño e estrada da Estrada. Regresarán sobre pola estrada de Noia, Vidán, Mestre Mateo, Camiño Novo, Rosalía de Castro e Xoán Carlos I, onde estará situada a meta.

Por este motivo, a avenida Xoán Carlos I estará cortada ao tráfico entre as 13:30 e as 19:30 horas do xoves 17, e non se poderá estacionar nin na devandita avenida nin na rúa Carreira do Conde durante todo o día. Habilitarase como vial alternativo a rúa Montero Ríos, en dirección praza de Galicia dende Rosalía de Castro, e o Pombal en dirección saída da cidade. No resto das rúas polas que transcorre a carreira produciranse cortes puntuais.

Adrián Varela enmarcou esta proba na aposta do seu departamento polo ciclismo nas súas diferentes vertentes. Así, o domingo 13 celebrábase o Día da Bicicleta e o sábado 19 terá lugar un descenso en BTT polo Casco Histórico.

Voltar


Enviar | Imprimir | Arriba

© 2005, Concello de Santiago. Pazo de Raxoi. Praza do Obradoiro. Tel.: 981 542 300 (Centraliña) 981 542 357 (Alcaldía). Aviso legal