Concello de Santiago de Compostela

Saltar a contidos
Utilidades (Saltar):

Idiomas (Saltar):



Portada » Noticias » Noticias
Compartir:
ALCALDÍA

Santiago recibirá 2,7 millóns de euros en 2012 en virtude do Estatuto da Capitalidade

Acto de sinatura do convenio.
Ampliar Acto de sinatura do convenio.


Ratificando o acordo.
Ampliar Ratificando o acordo.


O alcalde explicando os termos do convenio.
Ampliar O alcalde explicando os termos do convenio.


15/05/2012 O alcalde compostelán, Ángel Currás, e a conselleira de Facenda, Elena Muñoz, asinaron o convenio de colaboración polo que o Goberno galego financia o Estatuto de Capitalidade. Para facer fronte aos gastos derivados da súa condición de capital de Galicia, Santiago recibirá 2.703.000 euros neste exercicio 2012.

Ángel Currás agradeceu esta achega, "expresión do compromiso da Xunta e do seu presidente con Santiago e coa súa condición de capital, especialmente nun momento en que a situación económica non é a mellor". Recordou os "gastos importantes" que a diario supón para Compostela o feito de ser sede das institucións autonómicas ou os aparellados a datas importantes como os Anos Santos.

O pagamento desta contía realizarase de xeito fraccionado. O primeiro libramento deberá realizarse con anterioridade ao 15 de xuño, o segundo antes do 30 de setembro e o último antes do 15 de decembro.

Estatuto da Capitalidade
O 24 de xullo de 2002 publicouse no Diario Oficial de Galicia a Lei 4/2002, de 25 de xuño, do Estatuto de Capitalidade de Santiago de Compostela, co obxecto de regular o estatuto especial da cidade como sede das institucións autonómicas e polo seu recoñecemento como capital da Comunidade Autónoma. Establécense así os mecanismos adecuados para o tratamento xurídico, administrativo e financeiro da capitalidade de Santiago.

A fixación de Santiago como sede das institucións autonómicas supuxo un fito que engadiu, á xa tradicional dinámica da cidade, a necesidade de afrontar novos retos, particularmente en relación coa prestación de servizos públicos, así como coa implantación de dotacións e equipamentos, determinados directamente pola presenza das institucións autonómicas no termo municipal

Esta Lei establece unha previsión de financiamento especifico nos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma co que se pretende contribuír ao financiamento dos servizos e gastos do Concello en virtude deste Estatuto e por ser sede das institucións galegas.

O órgano encargado da interpretación e do seguimento do cumprimento deste convenio é o Consello da Capitalidade, creado pola citada Lei. A súa vixencia estenderase dende o asinamento ata o 31 de decembro de 2012.

Voltar


A miña compostela

Pon esta web máis cómoda, máis rápida, máis ao teu xeito.

Axenda


Enviar | Imprimir | Arriba

© 2005, Concello de Santiago. Pazo de Raxoi. Praza do Obradoiro. Tel.: 981 542 300 (Centraliña) 981 542 357 (Alcaldía). Aviso legal