Saltar a contidos
Utilidades (Saltar):
14/05/2012 O concelleiro de Recollida do Lixo e Limpeza Viaria, Juan de la Fuente, informou sobre os traballos de limpeza e vixilancia que se están a realizar nas inmediacións do clausurado vertedoiro de Aríns. Segundo indicou, Urbaser concluirá os labores de limpeza a mediados desta semana, e a Policía Local vixía que non se produzan máis depósitos de lixo.
"Non se pode permitir esta situación e non imos consentir ningún acto incívico máis", apuntou o concelleiro a propósito destes vertidos nas inmediacións do vertedoiro de Aríns, xa clausurado dende hai meses. Por iso, indicou que "a Policía Local ten orde de vixiar día e noite" e anunciou que "se vai pasar das advertencias ás sancións". Neste sentido, recordou que estas serán as máximas, que oscilan entre os 600 e os 3.000 euros.Pon esta web máis cómoda, máis rápida, máis ao teu xeito.