Concello de Santiago de Compostela

Saltar a contidos
Utilidades (Saltar):

Idiomas (Saltar):



Portada » Noticias » Noticias
Compartir:
XUNTA DE GOBERNO

A Xunta de Goberno aproba obras de mellora do firme en San Marcos e a instalación de equipos de aforro de enerxía no alumeado

O parque Pablo Iglesias será un dos espazos onde se introducirán equipos de aforro de enerxía.
Ampliar O parque Pablo Iglesias será un dos espazos onde se introducirán equipos de aforro de enerxía.


14/05/2012 A Xunta de Goberno, na súa sesión ordinaria, aprobou obras de mellora do reforzo do firme en San Marcos, e a instalación de equipos de aforro no alumeado de diversas partes da cidade. Ademais, deuse conta da sinatura de tres convenios para o financiamento de novas actuacións nas áreas de rehabilitación integral.

A obra de reforzo do firme en San Marcos está incluída no Plan de Obras Adicional da Deputación Provincial da Coruña. O seu orzamento é de 79.132 euros.

Tamén a proposta do concelleiro de Medio Rural, deuse conta da autorización para a execución de obras de instalación de equipos de regulación e aforro de enerxía nos alumeados públicos nos accesos á cidade por un importe de 59.857 euros. Esta cantidade forma parte do montante fixo de 150.000 €/ano que a concesionaria do servizo de alumeado ofreceu como melloras no seu contrato de adxudicación.

Urbanismo
En materia de Urbanismo, deuse conta da sinatura de tres convenios de colaboración entre o Ministerio de Fomento, a Xunta e o Concello para o financiamento de actuacións de rehabilitación nas ARIS de Vista Alegre (96 vivendas por un importe total de 1.920.000 euros), Pontepedriña (34 vivendas por importe de 680.000 euros) e Casco Histórico (50 vivendas por importe de 1.000.000 de euros), na súas correspondentes fases.

Igualmente no ámbito de competencia de Urbanismo, informouse positivamente a solicitude da Asociación de Hostalería relativa á ampliación de horario de peche durante as Festas da Ascensión nunha hora. Remítese o informe á Xunta de Galicia.

Benestar Social
Entre os asuntos aprobados por urxencia incluíuse a adhesión ao convenio da FEGAMP para o financiamento da parte asistencial das prestacións ofrecidas pola Unidade Municipal de Atención a Drogodependentes (UMAD), por importe de 580.000 euros. Esta cantidade é achegada pola Consellería de Sanidade a través da FEGAMP. Cómpre lembrar que a UMAD presta servizo a 41 concellos.

Festas
A Xunta de Goberno aprobou tamén a adxudicación da organización da Festa dos Maiores por un importe de 19,80 €/comida máis un IVE de 1,58 €/comida. Este encontro celebrarase o sábado 19 no recinto feiral de Amio, cun custo para os participantes de 5 €.

Informática
No ámbito de Informática e seguindo coa liña de aforro en gasto corrente imposta polo Goberno municipal, iniciouse a contratación do subministro de consumibles de impresión para o Concello. O tipo de licitación é de 29.856 euros, divididos en dúas anualidades.

Medio Ambiente
Finalmente, adxudicouse o servizo de avaliación intermedia e final do proxecto ParkAltantic, do Programa de Cooperación Territorial Espazo Atlántico Europeo, cofinanciado pola Unión Europea a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER), dentro do Programa de Cooperación Transnacional Espazo Atlántico 2007-2013. O importe de adxudicación é de 34.800 euros.

Voltar


A miña compostela

Pon esta web máis cómoda, máis rápida, máis ao teu xeito.

Axenda


Enviar | Imprimir | Arriba

© 2005, Concello de Santiago. Pazo de Raxoi. Praza do Obradoiro. Tel.: 981 542 300 (Centraliña) 981 542 357 (Alcaldía). Aviso legal