Saltar a contidos
Utilidades (Saltar):
12/05/2012 Con motivo da celebración do Día Internacional da Familia o 15 de maio, o Concello de Santiago preparou unha xornada repleta de actividades en recoñecemento a esta institución. No Multiusos Fontes do Sar houbo teatro, obradoiros, mesas informativas, unhas xornadas de acollemento familiar e un espazo onde facerse fotos cos xogadores do Blusens Monbus e do Lobelle de Santiago.
A concelleira de Familia, Benestar Social, Muller e Emprego, Paula Prado, e a secretaria xeral de Política Social, Coro Piñeiro, participaron nesta xornada de actividades, que incluíu diversos obradoiros para nenos e nenas de globoflexia, reciclaxe, elaboración de pulseiras e chapas, maquillaxe, manualidades, lingua de signos etc. Tamén se celebraron as II Xornadas de Acollemento Familiar en Galicia: Crecendo xuntos en acollemento, promovidas por Familias Acolledoras de Galicia.Pon esta web máis cómoda, máis rápida, máis ao teu xeito.