Concello de Santiago de Compostela

Saltar a contidos
Utilidades (Saltar):

Idiomas (Saltar):



Portada » Noticias » Noticias
Compartir:
INFRAESTRUTURAS

María Castelao reunirase con técnicos do IGVS para tratar as deficiencias na execución da urbanización do SUNP-13 do Combarro

A concelleira María Castelao nunha reunión anterior coa directora xeral de Infraestruturas da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Ethel Vázquez.
Ampliar A concelleira María Castelao nunha reunión anterior coa directora xeral de Infraestruturas da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Ethel Vázquez.


04/05/2012 A concelleira de Obras e Infraestruturas, María Castelao, reunirase a vindeira semana con técnicos do Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS) para falar sobre as deficiencias na execución das obras de urbanización do SUNP-13 do Combarro, no Castiñeiriño.

Despois de varias visitas a zona acompañada de veciños e tamén dos propios técnicos municipais, detectáronse diversas deficiencias, especialmente no pavimento, que quedaron recollidas nun informe elaborado polos técnicos municipais. Esta xuntanza enmárcase no ámbito de colaboración permanente que o Concello -neste caso a Concellería de Obras e Infraestruturas- vén mantendo coa Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas.

As deficiencias no pavimento afectan fundamentalmente á confluencia da rúa Catarrá coa nova urbanización, pero dentro desta. En canto a outras anomalías detectadas, afectan a cuestións como o mobiliario urbano, a sinalización, as tapas de pozos e arquetas ou as zonas verdes.

Voltar


A miña compostela

Pon esta web máis cómoda, máis rápida, máis ao teu xeito.

Axenda


Enviar | Imprimir | Arriba

© 2005, Concello de Santiago. Pazo de Raxoi. Praza do Obradoiro. Tel.: 981 542 300 (Centraliña) 981 542 357 (Alcaldía). Aviso legal