Saltar a los contenidos
Utilidades (Saltar):
Acto de sinatura do convenio; en primeiro termo, o alcalde e o conselleiro de Medio Ambiente.
Todos os asinantes dos convenios.
24/04/2012 O alcalde compostelán, Ángel Currás, e o conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández, asinaron o convenio polo que o Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS) colabora no mantemento da oficina de rehabilitación municipal. Esta, que conta cun orzamento de 362.641 euros, recibirá da Xunta unha achega de 80.000 euros.
A oficina de rehabilitación oferta servizos de portelo único en materia de rehabilitación, informando aos veciños de todas as axudas e trámites que teñen que levar a cabo para a reparación das súas vivendas. Así, presta asesoramento e información sobre as actuacións comprendidas no Plan de Vivenda 2009-2012 e outras axudas en materia de vivenda, e encárgase da tramitación de expedientes e seguimento das obras. Igualmente, realiza visitas técnicas necesarias nas actuacións de rehabilitación con axudas autonómicas ou estatais.Pon esta web más cómoda, más rápida, más a tu gusto.