BENESTAR SOCIAL
O Obradoiro consistiu en catro sesión levadas a cabo por diferentes profesionais do ámbito da saúde. A última sesión foi impartida polo doutor Almeida, pediatra do Servizo de Urxencias do CHUS. O seu cometido foi a instrución sobre o axeitado uso do Servizo de Urxencias, así como a formulación de diferentes medidas de prevención da saúde para os menores. A sesión contou cunha alta participación, resultou moi dinámica e rexistrou unha alta valoración tanto polos participantes como polos docentes.
Entrega de diplomas aos participantes no Obradoiro de Familia e Saúde
18/04/2012 A concelleira de Familia, Benestar Social, Muller e Emprego, Paula Prado, entregou os diplomas aos alumnos e alumnas participantes no Obradoiro de Familia e Saúde, realizado na Casa das Asociacións de Benestar Social no marco do Programa Municipal de Intervención Socioeducativa.
O Obradoiro de Familia e Saúde tiña como obxectivo incrementar as competencias e destrezas das persoas participantes no coñecemento e axeitado manexo do sistema sanitario (atención primaria, servizo de urxencias). Ademais, déronse pautas para realizar coidados axeitados da saúde nos diferentes membros da unidade familiar.O Obradoiro consistiu en catro sesión levadas a cabo por diferentes profesionais do ámbito da saúde. A última sesión foi impartida polo doutor Almeida, pediatra do Servizo de Urxencias do CHUS. O seu cometido foi a instrución sobre o axeitado uso do Servizo de Urxencias, así como a formulación de diferentes medidas de prevención da saúde para os menores. A sesión contou cunha alta participación, resultou moi dinámica e rexistrou unha alta valoración tanto polos participantes como polos docentes.