COMERCIO

A pista de xeo da praza da Quintana acolleu o sorteo das Noites Abertas

13/01/2012 A Concellería de Economía, Comercio, Turismo e Mercados, dirixida por Reyes Leis, realizou na pista de xeo da Quintana o sorteo de premios das Noites Abertas, celebradas os días 23 e 30 de decembro e o 4 de xaneiro. Nestas datas, 97 tendas dos máis diversos ramos –moda, xoiería, óptica, artesanía, xoguetes e máis- abriron as súas portas ata as doce da noite para ampliar o horario comercial habitual e facilitar as compras de última hora no pequeno comercio compostelán.

Os cidadáns que fixeron algunha compra igual ou superior a 20 euros nas tendas participantes, entraron nun concurso con importantes premios: unha viaxe a Eurodisney para catro persoas de xoves a domingo, tres fins de semana de relax para dúas persoas en Torre do Deza Hotel & Spa , tres ceas para dúas persoas nos restaurantes Caney, Porta Faxeira e Mercadito e 10 cheques agasallo de 50 euros nas tendas do evento.

O sorteo foi realizado ante o notario Carlos de la Torre Deza, e actuaron como mans inocentes a concelleira de Economía, Comercio, Turismo e Mercados, Reyes Leis, e os distintos representantes das asociacións de comerciantes da cidade, que colaboraron no evento.

Os números premiados foron os seguintes:

Un 1º premio: Unha viaxe a Eurodisney para 4 persoas: ao número 01265.

Tres 2º premios: Unha fin de semana de relax para dúas persoas en Torre do Deza & Spa: tres premios aos números 05353, 00705 e 05291.

Tres 3º premios consistentes en cea para dúas persoas:

- 1º nº agraciado: Restaurante Mercadito: ao número 10503
- 2º nº agraciado: Restaurante Porta Faxeira: ao número 02374
- 3º nº agraciado: Restaurante Caney: ao número 01518

Dez 4º premios: Cheques agasallo de 50 Euros para gastar nos comercios participantes para os números 02331, 06868, 01353, 05288, 02055, 01674, 05332, 04518, 02412 e 00977.

De cada un dos 17 premios sacáronse 17 números de reserva. Os números de reserva son os seguintes:

Un 1º premio: Unha viaxe a Eurodisney para 4 persoas: ao número 10304.

Tres 2º premios: Unha fin de semana de relax para dúas persoas en Torre do Deza & Spa: tres premios aos números 04759, 01632 e 01260.

Tres 3º premios consistentes en cea para dúas persoas:
- 1º nº agraciado: Restaurante Mercadito: ao número 04235
- 2º nº agraciado: Restaurante Porta Faxeira: ao número 04218
- 3º nº agraciado: Restaurante Caney: ao número 02468

Dez 4º premios: Cheques agasallo de 50 Euros para gastar nos comercios participantes para os números 02403, 01282, 01688, 01296, 05336, 04410, 03262, 10510, 02854 e 02913.

Nun prazo de 15 días dende a publicación do sorteo, as persoas gañadoras, terán que presentar o boleto premiado acompañado polo tícket de compra. Os premios quedarán desertos en caso de que a persoa co número afortunado non apareza no prazo sinalado.

O teléfono de contacto para as persoas gañadoras é o 981 556 250. Poden dirixirse igualmente ás oficinas da Concellaría no número de teléfono 981 542 493.

Compartir: