CENTROS SOCIOCULTURAIS

Xornadas sobre micoloxía no CSC de Conxo

20/10/2011 O Centro Sociocultural de Conxo e a Asociación Micolóxico-Naturalista Pan de Raposo organizan unhas Xornadas Micolóxicas o venres 21 e o sábado 22 de outubro.

O venres 21, a partir das 20:30 horas, no CSC de Conxo, José María Costa Lago, da Asociación Pan de Raposo, impartirá a conferencia Algúns cogomelos comestibles e as súas posibilidades de confusión.

Ao día seguinte, ás 9:00 horas, realizarase un roteiro micolóxico ao Pedroso para descubrir e identificar cogomelos. Xa pola tarde, ás 17:00 horas, terá lugar unha exposición, identificación e estudo dos cogomelos, cun pase de diapositivas.

Documentos relacionados



Compartir: