PLENO

O Pleno designa os representantes en empresas municipais e comisións

18/07/2011 Nunha sesión extraordinaria, o Pleno da Corporación aprobou a designación dos representantes municipais nas sociedades municipais e tamén nas comisións e organismos de participación municipal.

No primeiro dos puntos da orde do día, o Pleno aprobou, cos votos favorables do Partido Popular, o negativo do Grupo Socialista e a abstención do BNG, o nomeamento dos conselleiros nas empresas co 100% de capital municipal: INCOLSA, TUSSA e EMUVISSA.

A continuación aprobouse por unanimidade o nome dos representantes en comisións, organismos supramunicipais, organismos autónomos, fundacións e sociedades mercantís con participación municipal.

Compartir: