PARTICIPACIÓN CIDADÁ

A Casa das Asociacións acolle unha exposición retrofuturista sobre Xulio Verne

29/04/2011 O luns 2 de maio, ás 12:00 horas, inaugúrase na Casa das Asociacións unha exposición retrofuturista de obxectos e traxes que intenta responder á pregunta "¿Cómo sería Santiago imaxinada por Xulio Verne". Estará aberta ata o sábado 7.

A mostra está organizada por Sentinel Wardrobe, o mesmo colectivo que en 2010 encheu as rúas da Cidade Histórica co fans de A guerra das galaxias. Agora, baixo o título A extraordinaria ucronía, celebran que, hai 111 anos, Xulio Verne escribiu un relato curto imaxinando a cidade de Santiago no ano 2011. Os organizadores defíneno coma un evento steampunk, neovictoriano e retrofuturista.

Documentos relacionados



Compartir: