ALCALDÍA

As confrarías preparan a Semana Santa

17/01/2011 O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, reuniuse en Raxoi coa nova directiva da Xunta de Confrarías.

Os directivos explicáronlle ao alcalde os preparativos para a Semana Santa, na que xa están traballando. Neste sentido, é o seu obxectivo continuar na liña destes últimos anos, nos que a Semana Santa recuperou o seu pulo nos e converteuse nun atractivo turístico máis da cidade. A iso contribúen as numerosas procesións que percorren as rúas e eventos coma o Festival de Músicas Contemplativas.

A celebración do 800 aniversario da consagración da Catedral tamén estará moi presente no programa deste ano, especialmente no pregón.

Compartir: