URBANISMO

O Castiñeiriño acollerá 1.846 novas vivendas

27/01/2006 Segundo anunciou o alcalde, Xosé A. Sánchez Bugallo, coa aprobación no Pleno ordinario do xoves 26 de xaneiro, de dúas das cinco áreas urbanas que se desenvolven no Castiñeiriño, o barrio cambiará de imaxe definitivamente. Unha transformación que quedará completada entre o presente ano e o vindeiro, coa creación de 1.846 novas vivendas en total.

O Pleno aprobou definitivamente a urbanización dos plans de sectorización dos solos urbanizables 11 e 12 ( SUNP-11 e SUNP-12) de, respectivamente, Castiñeiriño e Lamas de Abade.

O primeiro albergará 200 novas vivendas no propio núcleo do Castiñeiriño, e o segundo 340 novas vivendas en Lamas de Abade. Ambos plans sectoriais están preto da estrada de Ourense, no espazo inmediato á igrexa da Nosa Señora de Fátima, fronte ao Centro Sociocultural do Castiñeiriño, tras do que se localiza o SUNP-13, con capacidade para 250 vivendas.

Doutra banda o SUNP-14, Tras Restollal, conta xa co informe da Xunta para a súa aprobación definitiva. Este solo albergará 400 vivendas. Finalmente o SUP-7 de Pontepedriña ten capacidade para 600 vivendas.

Documentos relacionados



Compartir: