COMERCIO

A Concellería de Promoción Económica impulsa unha nova campaña de promoción e defensa do pequeno comercio

14/12/2010 A Concellería de Promoción Económica, Emprego, Comercio e Turismo promove una nova campaña publicitaria para apoiar e defender o pequeno comercio coa mensaxe "Pequenos detalles que fan grande o pequeno comercio".

O concelleiro de Promoción Económica e Comercio, Xosé Manuel Iglesias, presentou esta campaña, cuxa filosofía é a de potenciar as vantaxes que nos pode transmitir como consumidores o pequeno comercio e que non pode ofrecernos outro tipo de establecementos. As mensaxes céntranse pois nesas pequenas cousas ou detalles sinxelos que poden chegar a ser fundamentais para decantar ao consumidor a comprar no pequeno comercio: proximidade humana e xeográfica, confianza, coñecemento do cliente, especialización nos produtos...

A campaña, de difusión local e comarcal, componse de varias pezas para inserir en prensa, radio e televisión. Nelas quérese propoñer un ton próximo, cunhas imaxes moi frescas e cuns textos que resumen eses pequenos detalles que nos ofrece o pequeno comercio a diario.

Estas pezas inseriranse nos principais medios de comunicación da cidade e estarán dirixidos a todos os veciños e veciñas de Santiago. A campaña desenvolverase durante a temporada de Nadal.

Compartir: