PARTICIPACIÓN CIDADÁ

Participación Cidadá organiza unha nova visita á Cidade da Cultura

14/12/2010 Consciente de que o mellor xeito de por en valor a Cidade da Cultura é dala a coñecer, a Concellería de Participación Cidadá, como espazo de lecer e participación, está a organizar visitas guiadas a este complexo. A seguinte será o sábado 18 de decembro, ás 12:00 horas.

Todos aqueles cidadáns interesados nesta visita á Cidade da Cultura poden anotarse chamando ao teléfono da Casa das Asociacións: 981 542 350.

Compartir: