NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA

Aberta a inscrición para o "Nadal en galego"

14/12/2010 Xa está aberto o prazo de inscrición para o Nadal en galego, unha proposta da Concellaría de Normalización Lingüística para incentivar o consumo responsable e a reciclaxe.

Nadal en galego é un obradoiro no que os rapaces e rapazas de 6 a 12 anos aprenderán a confeccionar tarxetas de Nadal, adornos para a árbore e o Belén, candís, etc. Terá lugar os días 22, 23, 27, 28, 29, 30 de decembro de 2010 e 3 de xaneiro de 2011 na Casa das Asociacións de Cornes (rúa Manuel Beiras, 3).

As prazas adxudicaranse por rigorosa orde de inscrición no Rexistro Xeral do Concello e terán prioridade as empadroadas/os no Concello de Santiago. Poderanse mandar as solicitudes ata o 20 de decembro

Máis información:

Departamento de Lingua Galega
Casa do Concello. Avda. de Raxoi – 1º andar.
15705 Santiago de Compostela
Tel.: 981 542 409 Fax: 981 542 410
Correo-e: dlg@santiagodecompostela.gal

Compartir: