Concello de Santiago de Compostela

Saltar a contidos
Utilidades (Saltar):

Idiomas (Saltar):



Portada » Noticias » Noticias
URBANISMO

A Comisión de Urbanismo dá o visto bo ao Plan parcial do SUNP-8 do Sarela

Detalle do Plan de sectorización.
Ampliar Detalle do Plan de sectorización.


17/06/2010 Nesta sesión presidida pola concelleira de Urbanismo, Mercedes Rosón, ditaminouse favorablemente a aprobación definitiva do Plan parcial de ordenación do SUNP-8 do Sarela, que será levada ao Pleno ordinario do mes de xuño.

O sector ocupa unha superficie de 37.900 metros cadrados, sobre a que se autoriza unha edificabilidade de 0,3, equivalente a 11.370 metros cadrados construídos. Esta edificabilidade distribúese en 9.570 metros cadrados de uso residencial unifamiliar, cun máximo de 56 vivendas, e 1.800 metros cadrados de uso terciario, localizados nun único bloque.

En cumprimento dos módulos esixidos por lei, resérvase unha superficie de 2.000 metros cadrados como sistema xeral de espazos libres, e outra de 600 metros cadrados como sistema xeral de equipamento comunitario.

No que atinxe ás reservas do sistema local, cumpriméntanse os estándares legais con destino a espazos libres (13.940 metros cadrados), equipamento comunitario (1.140 metros cadrados) e prazas de aparcamento: serán 230 prazas, das que 59 se sitúan en solo de dominio público.

En canto á reserva de vivenda protexida, cualifícase con destino ao uso específico de vivenda de protección pública o 20% da edificabilidade residencial total autorizada no sector, o que supón unha superficie edificable de 1.194 metros construídos, é dicir, 19 vivendas.

A execución da ordenación proxectada engade a das infraestruturas de conexión cos sistemas xerais existentes, incluíndo a obtención a cargo dos propietarios do sector do solo preciso para executar as conexións previstas.

O Plan xa foi aprobado pola Xunta de Goberno Local e será levado ao Pleno ordinario do mes de xuño para a súa aprobación definitiva.

Voltar


A miña compostela

Pon esta web máis cómoda, máis rápida, máis ao teu xeito.

Axenda


Enviar | Imprimir | Arriba

© 2005, Concello de Santiago. Pazo de Raxoi. Praza do Obradoiro. Tel.: 981 542 300 (Centraliña) 981 542 357 (Alcaldía). Aviso legal