Saltar a contidos
Utilidades (Saltar):
O alalde e o conselleiro observan unha maqueta do futuro edificio.
Nos terreos onde se construirán as novas salas.
04/12/2009 O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, e o conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, Alfonso Rueda, visitaron os terreos nos que se construirán os novos xulgados. O Concello cedeu unha parcela de 219 metros cadrados, para sumar unha superficie total de 410 metros cadrados.
A ampliación dos xulgados composteláns suporá a creación de tres novas salas para vistas e doutras seis para xulgados. A previsión é que en breve se encargue a redacción do proxecto e que en 2010 podan comezar as obras, presupostadas nuns 3 millóns de euros. O obxectivo é que as novas salas podan abrirse en 2012.Pon esta web máis cómoda, máis rápida, máis ao teu xeito.