Concello de Santiago de Compostela

Saltar a contidos
Utilidades (Saltar):

Idiomas (Saltar):



Portada » Noticias » Noticias
PLENO

O debate sobre o estado do Concello poderá seguirse nesta páxina web

O Pleno no debate de 2008.
Ampliar O Pleno no debate de 2008.


03/12/2009 O sábado 5 de decembro, ás 10:30 horas, terá lugar o debate sobre o estado do Concello. Os cidadáns que o desexen poderán seguir este Pleno extraordinario a través desta web. Accederase á imaxe e son deste Pleno grazas a un enlace visible na portada da páxina web.

Este debate está fixado no Regulamento Orgánico Municipal do Pleno do Concello aprobado en Pleno o 27 de decembro de 2007. Así, establécese que en cada mandato corporativo terán lugar tres sesións extraordinarias dedicadas a este debate do estado do Concello. Este é o segundo ano que se leva a cabo.

Nesta sesión correspóndelle ao alcalde a primeira exposición sobre a situación xeral do Concello e as liñas mestras da súa acción de Goberno. A continuación, someterase a debate a intervención do alcalde, e os diversos grupos consumirán unha primeira quenda na que cada voceiro disporá dun tempo de quince minutos.

Se o solicitara algún grupo, procederase a unha segunda quenda, dispoñendo cada voceiro de dez minutos para a súa exposición. Finalizada a intervención dos/as portavoces, iniciarase unha quenda de réplica a cargo do alcalde ou alcaldesa ou do membro da Xunta de Goberno que libremente puidera determinar. Finalizada a réplica, levantarase a sesión. Neste Pleno extraordinario non se adoptarán acordos.

Voltar


A miña compostela

Pon esta web máis cómoda, máis rápida, máis ao teu xeito.

Axenda


Enviar | Imprimir | Arriba

© 2005, Concello de Santiago. Pazo de Raxoi. Praza do Obradoiro. Tel.: 981 542 300. Aviso legal