Saltar a los contenidos
Utilidades (Saltar):
Plano do tramo afectado e dos desvíos habilitados.
Olga Pedreira, Marta Álvarez-Santullano e Lino Rodríguez explicaron as modificacións no tráfico.
03/12/2009 Con motivo das obras de reurbanización no cruceiro do Gaio e Poza de Bar, a partir do xoves 10 decembro, o cruceiro do Gaio quedará cortado ao tráfico no tramo entre Galeras e Poza de Bar. Comeza así a primeira fase de reurbanización dunha zona na que se reformarán o campo ds Hortas, a rúa do cruceiro do Gaio, a praza en Poza de bar e o campo e costa de Cruceiro do Gaio.
As concelleiras de Circulación Viaria, Marta Álvarez-Santullano, e de Cidade Histórica, Olga Pedreira, xunto co inspector Lino Senra, explicaron as restricións do tráfico. Os vehículos que queiran acceder a San Lorenzo, Campus Sur e Poza de Bar dende Galeras non poderán xirar cara o cruceiro do Gaio. Así, os vehículos procedentes de Entrerríos e Vista Alegre, deberá desviarse á altura de Santa Isabel (no chamado cruce do Sacho) cara Casas Novas e Monte Pío, e dende alí xirar á esquerda e seguir pola estrada de Figueiras cara Carme de Abaixo e Poza de Bar.Pon esta web más cómoda, más rápida, más a tu gusto.