Concello de Santiago de Compostela

Saltar a contidos
Utilidades (Saltar):

Idiomas (Saltar):



Portada » Noticias » Noticias
EDUCACIÓN

A Semana da Ciencia achega os escolares ao mundo da robótica

O alcalde e a concelleira de Educación, Mercedes Rosón, observan ó traballo dos rapaces no obradoiro.
Ampliar O alcalde e a concelleira de Educación, Mercedes Rosón, observan ó traballo dos rapaces no obradoiro.


Sánchez Bugallo dirixíndose aos escolares.
Ampliar Sánchez Bugallo dirixíndose aos escolares.


Cartaz do II Concurso Galego de Robótica.
Ampliar Cartaz do II Concurso Galego de Robótica.


09/11/2009 Do 9 ao 14 de novembro celébrase na Casa das Asociacións, en Cornes, a Semana da Ciencia, que nesta ocasión ten como tema A maxia da robótica. Entre as actividades previstas figura un obradoiro dedicado á robótica, unha exposición e un concurso sobre o tema.

O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, foi o encargado de inaugurar esta Semana da Ciencia, unha actividade organizada pola Institución Galega da Ciencia (IGACIENCIA) e a Concellería de Educación. Trátase de achegar escolares de toda Galicia a un campo de futuro como é a robótica, como un modo de promover a cultura científica.

A maxia da robótica é un compendio de actividades encamiñadas a unha experiencia de aprendizaxe, deseñada para familiarizar e explorar o campo da robótica e para potenciar as habilidades creativas e de innovación propias dos adolescentes que gustan aprender da tecnoloxía. A robótica brinda a posibilidade de concibir, crear e poñer a funcionar obxectos, favorece o desenvolvemento de procesos cognitivos de alto nivel nas persoas que se involucran con estes recursos e permite comprender funcionamentos, efectos e comportamentos de situacións reais, recreándoas.

Búscase facer comprensible o mundo de robótica, resaltando a súa importancia e as implicacións no futuro, e motivar o achegamento dos máis novos nenos á ciencia e á tecnoloxía mediante a montaxe de sinxelos robots. Así, a partir de sinxelos conceptos de programación escritos nun ordenador, os participantes transferirán ordes aos robots.

Este obradoiro está destinado a estudantes de terceiro ciclo de Primaria ou de Secundaria, que se acercarán á Casa das Asociacións por grupos do 9 ao 13 de novembro, en horario de 9:00 a 14:00 e de 16:00 a 18:00 horas. A visita do público en xeral é libre das 18:00 ás 19:00 horas.

II Concurso Galego de Robótica
Esta Semana da Ciencia conta tamén cun concurso, no que os grupos participantes optarán a diversos premios a través dos proxectos que realicen no obradoiro. Existen tres modalidades de participación: Primaria (5º e 6º) e 1º da ESO; 2º, 3º e 4º de ESO; e Bacharelato ou FP da mesma idade. Cada grupo participante estará constituído por catro ou cinco membros.

O II Concurso Galego de Robótica celebrarase o sábado 14 de novembro, das 10:00 ás 11:30 horas. Repartiranse dous premios en cada categoría de 300 e 200 euros ou o seu equivalente nun equipo de robótica. Entre os criterios de valoración figurarán aspectos como: número de probas realizadas e a súa dificultade; organización e funcionamento do equipo e presentación dos resultados do traballo realizado. Ás 12:00 horas entregaranse os premios
Direccións relacionadas

Voltar


A miña compostela

Pon esta web máis cómoda, máis rápida, máis ao teu xeito.

Axenda


Enviar | Imprimir | Arriba

© 2005, Concello de Santiago. Pazo de Raxoi. Praza do Obradoiro. Tel.: 981 542 300. Aviso legal