Concello de Santiago de Compostela

Saltar a contidos
Utilidades (Saltar):

Idiomas (Saltar):



Portada » Noticias » Noticias
EDUCACIÓN

III Premio Internacional Compostela para Álbums Ilustrados

Cartaz da convocatoria.
Ampliar Cartaz da convocatoria.


04/11/2009 A Concellería de Educación e a editorial Kalandraka abren unha nova convocatoria do Premio Internacional Compostela para Álbums Ilustrados. O premio son 12.000 euros en concepto de adianto polos dereitos de autor.

O prazo de presentación dos traballos rematará o 26 de febreiro de 2010 e o fallo do xurado darase a coñecer o 2 de abril, coincidindo co Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil, e no marco das actividades da X Campaña de Animación á Lectura que organizan o Concello e Kalandraka.

O Premio Compostela está dirixido a autores e ilustradores de calquera nacionalidade que presenten obras orixinais e inéditas. As persoas interesadas en presentarse ao certame deberán enviar cinco copias do texto en calquera das linguas oficiais da Península Ibérica, tres ilustracións orixinais e cinco fotocopias en color de cada unha delas, xunto cunha maqueta impresa de todo o proxecto. O material, asinado baixo lema ou pseudónimo, enviarase ao Rexistro Xeral do Concello de Santiago.

Kalandraka publicará a obra premiada nas cinco linguas oficiais peninsulares -galego, castelán, catalán, éuscaro e portugués- en outubro de 2010. O xurado estará formado por persoas de recoñecido prestixio na área da literatura e da ilustración infantil.

A convocatoria deste certame internacional encádrase na Campaña de Animación á Lectura que o Concello e Kalandraka organizan anualmente no mes de abril, e que en 2010 acadará a súa décima edición. As actividades programadas -sesións de contos e música, obradoiros de ilustración e de escrita creativa, actos nas librarías da cidade, charlas para docentes e familias- chegan a máis de 5.000 escolares da bisbarra compostelá.

Voltar


A miña compostela

Pon esta web máis cómoda, máis rápida, máis ao teu xeito.

Axenda


Enviar | Imprimir | Arriba

© 2005, Concello de Santiago. Pazo de Raxoi. Praza do Obradoiro. Tel.: 981 542 300. Aviso legal