Concello de Santiago de Compostela

Saltar a contidos
Utilidades (Saltar):

Idiomas (Saltar):



Portada » Noticias » Noticias
Compartir:
FACENDA

A Conta Xeral do 2008 deixa un superávit de 4,8 millóns de euros

Inmaculada Viña e Rosa Fernández Somoza.
Ampliar Inmaculada Viña e Rosa Fernández Somoza.


24/09/2009 O resultado orzamentario do exercicio 2008 deixou un saldo positivo de 4,78 millóns de euros, unha vez axustado tras as correspondentes desviacións de financiamento, tanto positivas como negativas. Ademais, xerouse un remanente de tesourería postivo por importe de 693.777 euros.

A concelleira de Facenda, Rosa Fernández, acompañada da interventora municipal, Inmaculada Viña, presentou a conta xeral do ano 2008. Na súa opinión, os seus resultados reflicten unhas "contas saneadas". Así, recordou que se partía dun superávit inicial de 330.753 euros, fronte aos 4.780.507 euros finais.

Explicou que o estado de execución do orzamento de ingresos correntes se sitúa arredor dun 86%, excepción feita do capítulo III, no que se inclúen cotas de urbanización non liquidadas, pero que non provocan déficit. Os capítulos IV e V de ingresos presentan un nivel de execución superior ao 100% e o capítulo VII presenta unha execución global do 42,33% derivado do axuste dos dereitos recoñecidos ás obrigas recoñecidas. Deste xeito, o resultado total de operacións non financeiras alcanza os 92.980.693 euros, derivados dos dereitos recoñecidos netos.

En canto ao orzamento de gastos, os correntes presentan un nivel de execución próximo ao 90% en termos globais, sendo os capítulos VI os que presentan un nivel de execución máis baixo. O total de operacións non financeiras derivadas do orzamento de gastos suma 90.979.984 euros.

Remanente de tesourería
A concelleira indicou que o resultado orzamentario positivo do exercicio axudou a sanear o remanente de tesourería negativo do ano anterior, que era de 330.753 euros. Finalizando o exercicio 2008 o remanente positivo sitúase nos 693.777 euros. Deste xeito incrementouse nun millón de euros. Isto pon de manifesto, segundo Fernández, "o estado de saneamento do Concello e a súa solvencia financeira".

Endebedamento
O nivel de endebedamento sitúase lonxe do límite legal de risco establecido na normativa. Así, tendo en conta as operacións dispostas a 31 de decembro de 2009, este nivel de endebedamento sitúase no 69,73%. Contando as proxectadas no exercicio 2009, incluíndo os 6,45 millóns formalizados no ano seguinte, estaríase no 84,85%, lonxe pois do 110% que fixa a norma como máximo.

O nivel de endebedamento por habitante a partir da débeda viva é de 647,68 euros. Cómpre recordar que este nivel era de 748,12 euros en 2006 e de 719,86 euros en 2007.

Voltar


A miña compostela

Pon esta web máis cómoda, máis rápida, máis ao teu xeito.

Axenda


Enviar | Imprimir | Arriba

© 2005, Concello de Santiago. Pazo de Raxoi. Praza do Obradoiro. Tel.: 981 542 300 (Centraliña) 981 542 357 (Alcaldía). Aviso legal