Concello de Santiago de Compostela

Saltar a contidos
Utilidades (Saltar):

Idiomas (Saltar):



Portada » Noticias » Noticias
CULTURA

Comeza Cineuropa

Cartaz de Cineuropa 05
Ampliar Cartaz de Cineuropa 05


02/11/2005 Este ano Cineuropa regresa ás pantallas da Sala Yago e do Salón Teatro, e por primeira vez incorpora como sala de exhibición a Fundación Caixa Galicia da rúa do Vilar. As catro salas encabezadas polo Teatro Principal crearán un círculo cinéfilo na Cidade Vella de Compostela.

O Festival Cineuropa volve un ano máis a Compostela, dende o 2 de novembro ata o 30 do mesmo mes. Obras de Michael Haneke, Gus Van Sant e Lars Von Trier volverán a facer as delicias dos máis cinéfilos de Santiago e este ano, ademais do tradicional 'maratón' de despedida do festival haberá un Maratón de Terror que ocupará por completo o filme "O reino", na súa versión íntegra de nove horas.

Cineuropa 2005, que este ano estrea páxina web, vai galardoar ao actor galego Luís Tosar nunha cerimonio que terá lugar o vindeiro día 15 e na que se estreará o filme de Hannes Störh, "Un día en Europa: Galatasarai-Dépor", rodado entre Alemaña, Turquía e Galiza e que xa se presentou o ano pasado na Berlinale.
Documentos relacionados

Voltar


A miña compostela

Pon esta web máis cómoda, máis rápida, máis ao teu xeito.

Axenda


Enviar | Imprimir | Arriba

© 2005, Concello de Santiago. Pazo de Raxoi. Praza do Obradoiro. Tel.: 981 542 300. Aviso legal