FESTAS

O polifacético artista Boris Izaguirre fará o pregón do Apóstolo deste ano

09/07/2008 O concelleiro de Festas de Santiago de Compostela, Xosé Baqueiro, anunciou esta mañá o nome do pregoeiro do Apóstolo 2008, que será o polifacético venezolano Boris Izaguirre. Trátase dunha personaxe popular que garda unha estreita relación coa cidade de Compostela, tanto persoal como profesional, pois aquí comezou a súa carreira nos medios de comunicación ao traballar na produtora CTV. "É unha persoa que lle ten especial agarimo e cariño á cidade e sempre que ten oportunidade fala do seu paso por aquí"–apuntou Baqueiro.

Coñecido pola súa colaboración no last nigth Crónicas Marcianas e, anos máis tarde, por ser finalista do premio Planeta coa súa novela Villa Diamante, Boris Izaguirre realizará o pregón das festas de maneira desinteresada doando as súas dietas por desprazamento ao colexio de Santiago con máis alumnos inmigrantes.

Xosé Baqueiro lembrou que tras o pregón do showman latinoamericano no balcón do Obradoiro, todos os presentes poderán gozar coa música doutro venezolano de éxito recoñecido internacionalmente, Carlos Baute. O concelleiro quixo destacar que esta presenza latina, ao igual que a dos brasileiros Caetano Veloso, Toquinho ou María Creuza, así como outros grupos de Romanía ou Mali non fan máis que demostrar que "Santiago é unha ciadade aberta ao mundo que acolle todo tipo de culturas".

A música do Toural
Aínda que o programa estaba practicamente pechada faltaban algunhas actividades por concretar, como todos os concertos na Praza do Toural. Serán actuacións de diferentes estilos: rock-in-billy dos anos 50, pop-acústica, folk, blues, ritmos cubanos e mexicanos, ska e swing, funk, soul ou música tradicional galega.

Etnofonía, conducido polo afamado acordeonista Emy Dragoi (que tamén actuarán o domingo-20 na Praza da Quintana). A actuación deste grupo, moi coñecido en Rumanía de onde son originarios, chega a Santiago froito da colaboración coa Asociación Ponte cultural rumano-galego.

Concertos
-Domingo 18, acturára Etnofonía, conducido polo afamado acordeonista Emy Dragoi (que tamén actuarán o domingo-20 na Praza da Quintana). A actuación deste grupo, moi coñecido en Romanía, chega a Santiago froito da colaboración coa Asociación Ponte cultural rumano-galego.
-Sábado 19, acturá a banda coruñesa Los Hound Dogs (24:00 horas).
-Domingo 20, actuación do grupo compostelán Ophiusa, que presentará o seu disco Paos (23:00 horas).
-Luns 21, o grupo Niño y pistola (pop-acústica) presentará o seu novo traballo, Culebra (23:00 horas).
-Martes 22, actuará no Toural a banda de folk rock Potemkin. A súa música é unha mestura de estilos e formas de entender a vida, un novo proxecto musical que presentarán nas festas do Apóstolo (23:30 horas).
-Mércores 23, actuación dos cubanos Orlando y su Orquesta (23:30 horas).
-Xoves 24. As 21:00 horas actuará o grupo mexicano Los Corporales. Despois, á unha da noite o grupo de blues Los Reyes del Ko, unha banda compostelá que triunfa por toda Europa e agora mesmo está afincado en Berlín.
-Venres 25. No Día grande do Apóstolo, o Toural recibirá ao grupo Turres Band (de influenzas ska, swing e balcánicas), que actuará a partir das 23:30 horas.
-Sábado 26, actuación de funk e soul, con Gecko Turner (23:30 horas).
-Domingo 27. Volve ser noite de pop no Toural, co concerto do grupo local Esguince (23:00 horas).
-Luns 28. Haberá música e danza no Toural a cargo de Pés de Lán (20:30 horas e 23:30 horas).
-Mércores 30. Actuación do grupo tradicional Ultreia (23:00 horas).
-Xoves 31. Actuación do grupo No Reply (1:00 horas)

O concelleiro de Festas quixo destacar unha das novidades na programación deste ano, a noite do 31 de xullo. Ata o amanecer, que así se chama, consiste nun programa continuo de concertos ao longo da última noite de festas. Haberá máis de 20 actuacións diferentes en 8 escenarios da cidade: o Campus Sur, a Alameda, San Paio de Antealtares, a praza de Cervantes, a praza Roxa, a praza de Mazarelos, a Quintana e o Toural.

Ademais, no Apóstolo celebraranse un total de 12 grandes espectáculos musicais, a metade deles de carácter gratuíto, como os concertos de Carlos Baute, The ten tenors, Caetano Veloso, a música étnica de Basskou Kouyate e Ngoni Ba, o Gospel, La Mala Rodríguez, Milladoiro, Toquinho e María Creuza, Cuba El Musical, Amaral e Loreena McKennit.

Compartir: