ALCALDÍA

Unha asistencia técnica fixará os criterios para consolidar o castelo da Rocha

02/07/2008 O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, mantivo unha xuntanza cos membros da Asociación Cultural Rocha Forte. Na mesma explicoulles a situación e as actuacións previstas no castelo da Rocha.

Sánchez Bugallo comunicoulles que se vai encargar unha asistencia técnica para delimitar o perímetro do ámbito do castelo e fixar os criterios que permitirán a continuación elaborar o proxecto de consolidación. Ademais, lembroulles que hai unha dotación presupostaria ata 2010 para a compra dos terreos privados, que aínda non están adquiridos, para a consolidación e para a continuidade das escavacións.

Compartir: