Concello de Santiago de Compostela

Saltar a contidos
Utilidades (Saltar):

Idiomas (Saltar):



Portada » Noticias » Noticias
Compartir:
ALCALDÍA

Avanzan a bo ritmo os polígonos de vivendas do ámbito do Castiñeiriño

Sunp-14 de Tras Paxonal.
Ampliar Sunp-14 de Tras Paxonal.


25/04/2008 O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, destacou en rolda de prensa o "bo ritmo" ao que avanzan os polígonos de vivendas situados no ámbito do Castiñeiriño. En particular, referiuse ás obras nos polígonos 7 e 13, á inminente construción de edificios no 14 e á solicitude de licenzas para o 11 e o 12.

Nos polígonos 7 e 13 avanzan a bo ritmo as obras, que levarán finalmente á construción dunhas 900 vivendas. Ademais, segundo indicou Sánchez Bugallo, xa entraron no concello os proxectos para a construción de edificios no Sunp-14, de Tras Paxonal. Así, neste ámbito estarán en construción en breve 1.300 vivendas protexidas.

O alcalde resaltou que tamén xa se solicitaron as licenzas para as edificacións dos polígonos 11 (Castiñeiriño) e 12 (Lamas de Abade). Ademais, no caso do 11, xa existe un acordo co 95,5% da propiedade, polo que a mediados de maio poderían adxudicarse as obras de urbanización para que puideran comezar no verán. No polígono de Lamas de Abade –apuntou Sánchez Bugallo- o acordo cos propietarios alcanza xa o 85% e en breve poderíase chegar a un 12% máis. Quedaría pois un 3% de propietarios cos que pechar o acordo e así licitar tamén as obras de urbanización.

Ao respecto das licenzas, o rexedor compostelán aproveitou para recordar que no primeiro cuatrimestre do ano se bateu a marca de solicitude das mesmas, algo que atribuíu en boa parte á entrada en vigor das Normas do Hábitat. En total, neste tempo solicitáronse case 2.000 vivendas, das que unhas 1.200 correspondente a vivendas con algún tipo de protección e o resto son vivendas libres ou libres con prezo taxado.

Novo centro de saúde para a zona histórica
Tamén en materia de urbanismo, Sánchez Bugallo anunciou que na Xunta do Goberno do 5 de maio formalizarase a cesión á Consellería de Sanidade do que resta da parcela onde se construirá o novo centro de saúde para a cidade histórica, en Galeras. Efectuada a cesión completa da parcela, o Concello e a Consellería de Sanidade buscarán unha data para presentar o proxecto, que xa está feito, recordou o alcalde.

A partir de aí podería licitarse a obra antes do verán, coa intención de que o novo complexo sanitario puidera ser inaugurado en 2009. Cómpre lembrar que, ademais do centro de saúde, o edificio albergará, na súa última planta, a Xerencia de Atención Primaria.

Voltar


A miña compostela

Pon esta web máis cómoda, máis rápida, máis ao teu xeito.

Axenda


Enviar | Imprimir | Arriba

© 2005, Concello de Santiago. Pazo de Raxoi. Praza do Obradoiro. Tel.: 981 542 300 (Centraliña) 981 542 357 (Alcaldía). Aviso legal