Concello de Santiago de Compostela

Saltar a contidos
Utilidades (Saltar):

Idiomas (Saltar):



Portada » Noticias » Noticias
CENTROS SOCIOCULTURAIS

Lucía Dubra expón na Trisca a súa visión da mirada dos nenos

Un dos óleos da exposición.
Ampliar Un dos óleos da exposición.


12/02/2008 O Centro Sociocultural da Trisca acolle do 13 ao 29 de febreiro a exposición de Lucia Dubra "O pousar da mirada". Trátase dunha mostra de pintura ao óleo dedicada ás miradas dos picariños a través da tenrura, da alegría, da confianza, do amor...

Esta mostra visitará logo da Trisca os centros socioculturais de Fontiñas e de Sar. Lucía Dubra, premiada pola Universidade de Vigo, expuxo a súa obra no Museo Ramón María Aller de Lalín, na Facultade de Belas Artes e no Ateneo de Pontevedra e no Museo das Arte do Grabado e Estampa Dixital de Riveira entre outras salas.

Voltar


A miña compostela

Pon esta web máis cómoda, máis rápida, máis ao teu xeito.

Axenda


Enviar | Imprimir | Arriba

© 2005, Concello de Santiago. Pazo de Raxoi. Praza do Obradoiro. Tel.: 981 542 300. Aviso legal