Saltar a contidos
Utilidades (Saltar):
16/07/2007 O Goberno local iniciou a contratación dunha asistencia técnica para a realización do Estudo de implantación de servizos baseados na utilización dunha rede Wimax no Casco Histórico de Santiago, por procedemento negociado sen publicidade, establecendo un tipo de licitación de 30.000 euros. Ademais, acordouse solicitar ao Consorcio a súa participación neste proxecto, cunha achega de 275.000 euros durante o presente 2007. Os restantes 275.000 euros que completan o financiamento corren a cargo do Ministerio de Industria.
A rede Wimax permitirá incorporar o Casco Histórico ás novas tecnoloxías de información e da comunicación, poñéndoo ao mesmo nivel que outras zonas da cidade neste ámbito. Fará posible servizos como os de telemedicina e teleasistencia, vital para colectivos específicos como anciáns, enfermos ou mulleres maltratadas; os de seguridade e emerxencias; puntos de información cidadá de acceso público; servizos de información turística ou o acceso á administración electrónica. Aos comerciantes facilitaralles a xestión diaria ou unha maior seguridade grazas aos servizos de televixilancia.Pon esta web máis cómoda, máis rápida, máis ao teu xeito.