ALCALDÍA

O alcalde reitéralle a Somos Hórreo o compromiso de cambiar as luminarias tan pronto se adxudique o contrato

02/02/2023 A Asociación de comerciantes Somos Hórreo foi recibida esta mañá no Concello polo alcalde, Xosé Sánchez Bugallo, e polo concelleiro de Mobilidade e Seguridade Cidadá, Gonzalo Muíños, para abordar a situación da rúa. No encontro tamén participaron membros da Policía Local e da Nacional.

Na xuntanza, o alcalde de Santiago reiteroulle ao representante da asociación Somos Hórreo, Francisco Villasenín, o compromiso xa adquirido de substituír as luminarias da rúa por outras LED, máis potentes, tan pronto se adxudique o novo contrato de iluminación.

No encontro tamén se acordou que as forzas de seguridade, Policía Local e Policía Nacional, manterán unha xuntanza cos comerciantes da rúa para ofrecerlles unha serie de consellos co fin de mellorar a seguidade dos locais.

O concelleiro de Mobilidade, Gonzalo Muíños, lembrou tras a xuntanza que os feitos ocorridos nos días pasados son, segundo transladou tamén a Policía, "puntuais" e que "non se deben a unha banda organizada". O edil lembrou que nesa xuntanza dos corpos de seguridade cos comerciantes explicaráselles o traballo que xa se está a facer a pé de rúa e que "seguiremos a facer".

Compartir: