RELACIÓNS INSTITUCIONAIS

Mila Castro reúnese cun representante da Alcaldía da cidade senegalesa de Saint Louis para falar sobre unha futura irmandade

22/09/2022 A alcaldesa en funcións, Mila Castro, reuniuse hoxe con Aboul Dembel Sow, Relacións Públicas do gabinete do alcalde da localidade senegalesa de Sant Louis, para tratar sobre unha posible irmandande entre ambas cidades.

Sant Louis é unha cidade situada no noroeste do país africano, xunto á desembocadura do río Senegal, preto da fronteira con Mauritania. É tamén capital do departamento e da rexión do mesmo nome. Sant Louis, apodada a Venecia africana, conta con aproximadamente 250.000 habitantes. Comparte con Santiago de Compostela o ser Patrimonio da Humanidade (desde o ano 2000), o contar cunha importante universidade, e ser tamén unha cidade que destaca no ámbito cultural, con eventos como o "Festival Internacional de Jazz", ou o "Festival internacional de mestura de culturas".

Tamén destaca polas regatas que se celebran nos seus pantanos e pola súa trascendencia relixiosa. A súa catedral é a igrexa máis antiga de África occidental. A nivel económico, Saint Louis é unha cidade de gran importancia pesqueira, aínda que tamén conta con reservas de petróleo e gas.

Compartir: