MOCIDADE

O ciclo de cine ao aire libre programará catro películas seleccionadas pola cidadanía entre un listado de filmes

23/06/2022 A Concellaría de Mocidade programa un novo ciclo de cine ao aire libre, que terá lugar os días 27, 28, 29 e 30 de xuño a partir das 22:30 h no paseo central da Alameda de Santiago. Neste ciclo emitiranse catro películas, previamente seleccionadas pola cidadanía entre un listado ao que se pode acceder desde o facebook Mocidade Compostela.

O ciclo presentouno esta mañá o concelleiro de Mocidade, Rubén Prol, quen explicou que as longamentraxes que máis puntuación acadaron, son as películas que se emitirán no Ciclo de Cine ao aire libre da próxima semana. Con esta iniciativa, sinalou, "o que pretendemos é fomentar a participación das familias nesta actividade cultural".

As película foron elexidas entre máis de 100 usuarias e usuarios das redes sociais de Mocidade, que tiveron que escoller as súas favoritas entre un catálogo de películas de diferentes xéneros. Os filmes seleccionados son os seguintes:

JoJo Rabbit - 27 de xuño
Solo nos queda bailar - 28 de xuño
Rocketman - 29 de xuño
Yesterday - 30 de xuño

Como cada ano, xusto antes da representación, haberá unha pequena presentación sobre a historia da película e os acontecementos máis importantes que tiveron lugar nese ano.

Para poder acceder ás proxeccións, non é necesaria a retirada de entrada, senón que será de acceso libre ata cubrir as prazas.

Documentos relacionados



Compartir: