MEDIO RURAL

O Concello de Santiago inviste máis de 6 millóns de euros en 36 actuacións do rural dentro dos POS+ 2021 e 2022

07/04/2022 O concelleiro de Medio Rural, José Manuel Pichel, deu conta en rolda de prensa das obras executadas no rural en 2021 e adiantou as obras previstas para este ano 2022. Entre as 8 obras presentadas á convocatoria POS+2022, e as 28 xa rematadas, en execución ou preparadas para licitación, suman un total de 36 actuacións no rural, cun investimento superior aos 6 millóns de euros. Esta cifra superaría os 8,1 millóns, se se contabilizan as actuacións realizadas con fondos propios, "o que reflicte a aposta deste goberno e desta concellaría pola mellora do noso rural", segundo destacou o edil.

Durante a rolda de prensa, o concelleiro José Manuel Pichel fixo balance do estado das obras pasadas, presentes e futuras no rural compostelán. Así, explicou que ao longo do ano 2021 se levaron a cabo oito importantes actuacións nas se investiron 1.595.610,37 euros, enmarcadas no POS, no Plan de Obras e Servizos da Deputación da Coruña.

Entre as actuacións realizadas, o edil numerou o acondicionamento do entorno do Centro Sociocultural da Gracia, mellora de accesibilidade no propio centro e creación dunha área de xogos e circuíto biosaudábel nas inmediacións deste, que contou cunha inversión de 263.354,29€; a construcción da senda peonil na Rúa de San Martiño, en Aríns, cunha inversión de 348.394,06€; o reforzo do firme da estrada de Chaián entre Marzo de Abaixo e límite do termo municipal, cunha inversión de 70.116,50€; a rexeneración e o reforzo estrutural do pavimento da calzada da Rúa Santa Teresa de Jornet en Bando, por valor de 192.141,92€; así como a construción de dúas pistas polideportivas multiúsos no lugar de Carregal e do parque biosaudábel no entorno da igrexa do Piñeiro, ambas no Eixo, cunha partida de 133.059,48€.

O ano pasado tamén se levou a cabo a construción dun parque infantil en Coto dos Olmos, cunha inversión de 52.800,62€; a construción da senda peonil e reforzo da calzada en Paredes de Laraño, en Bando, cunha inversión de 138.829,03€; así como a prolongación na beirarrúa marxe pares da Rúa do Tambre entre Meixonfrío e o polígono do Tambre, na Gracia, ao que se dedicou unha partida de 282.216,11€.

Ademais destas obras, tamén se acometeron con fondos propios case 15 quilómetros de pistas en saburra tanto de camiños agrícolas como forestais, e por primeira vez se completaron dúas voltas nas labores de desbroces en vías asfaltadas de todo o concello.

No 2021, tamén se fixeron 5.065 notificacións por escrito ou a través do BOE para informar a propietarios de fincas rústicas da súa obriga de desbrozar e talar especies arbóreas como eucaliptos, piñeiros e acacias, nos casos estipulados por lei nos que pode haber perigo de incendios forestais. Este traballo foi realizado en estreita colaboración co Departamento de Medio Ambiente do Concello de Santiago e con Seaga.

O concelleiro José Manuel Pichel quixo tamén salientar outras dúas obras comezadas en 2021 e finalizadas este ano, que contaron cun investimento total de 583.277,92 euros: a reparación e consolidación da Ponte de Vidán en Laraño, cunha inversión de 376.649,68€; e a segunda fase de reforma do viario A Pajuela-Campo da festa de Marrozos, á que se lle destinaron 206.628,24€.

Obras previstas para 2022

Con respecto ás actuacións licitadas no 2021-2022 e que se executarán este ano, levaranse a cabo unha ducia de obras ás que se asignarán case dous millóns de euros (1.953.675,74 euros).

Entre as obras xa adxudicadas para este ano destacan a ampliación paso do superior da Ruta da Prata sobre FF.CC. na Cañoteira-Outeiro de Marrozos (212.000,00€); a ampliación das redes de abastecemento e saneamento nas parroquias de Aríns, Laraño e Sabugueira (152.000,00€); a mellora do vial dende o entorno da N-550 en Barciela ata Casas de Arriba en Cesar, o tramo da igrexa de San Andrés de Barciela ata cruce de Candelabeira, (260.000€); a posta en valor do entorno residencial polo que transcorre o Camiño Inglés e do acceso ao conxunto parroquial da Barciela (181.954,67€); a ampliación da rede de abastecemento en A Ponte Alvar en San Xoán de Fecha (151.655,27€); o acondicionamento e mellora dos pavimentos do núcleo de Pardiñas en Laraño (59.717,21€); a ampliación da rede de abastecemento en Piñeiro de Enfesta, Frades e Gunín en Enfesta (84.787,90€); o acondicionamento do Camiño de Fisterra en Vilariño de Abaixo en uintáns-Villestro (182.041,00€).

Ademáis tamén está prevista a rexeneración e reforzo estrutural do pavimento da calzada da Rúa de Santa Teresa Jornet en Bando (111.260,30€); o acondicionamento dun camiño agrícola en Requesende en Sabugueira (65.369,04€); a mellora e acondicionamento do Centro Sociocultural de Villestro (63.326,80€); así como a subministración, instalación, configuración e posta en marcha de ordenadores de sobremesa e monitores en centros socioculturais no ámbito rural de Santiago (29.563,55€).

Outras seis actuacións que están preparadas para licitar, suporán un investimento total de 674.377,08 euros. Así, levaránse a cabo os labores de pavimentación de varios puntos do rural: o conxunto parroquial de Grixoa (47.203,91€); a rúa Elena Quiroga A Barca e A Braña de Silvouta en Villestro (54.814,21€); os viarios de acceso en Carlexo e A Gruñán (Villestro) e Outenín (Laraño), cunha inversión de 81.791,15€; os viarios interiores en Carlexo e A Braña de Silvouta (Villestro) e San Xordo e A Sionlla (Sabugueira), cunha inversión de 104.103,98€; e os viarios secundarios en Verdía, Marantes, A Gracia, Marrozos, Sabugueira, Villestro, A Curuxeira e Aríns (117.992,47€). Ademais tamén se licitará a obra de acondicionamento da antiga N-634 no núcleo de Lavacolla en Sabugueira (268.471,36€).

O edil de Medio Rural explicou que o Concello disporá a maiores de un millón de euros de fondos propios para a rexeneración de asfaltos, e que se está traballando ba redacción do proxecto. Ademais destinarase unha partida de 841.000 euros para o abastecemento e saneamento, así como outros 250.000 euros para a reurbanización da rúa do Corgo en Meixonfrío.

Convocatoria POS+2022

Durante a rolda, tamén se nomearon as oito actuacións presentadas á convocatoria POS+ 2022 e que suporán un total de 1.243.310,46 euros en novos investimentos para o rural. Entre estas futuras actuacións destacan a construción de catro sendas peonís: a do polígono do Tambre ata o Centro Sociocultural da Gracia (231.095,44€); a da rúa das Estrelas (126.172,99€); a de Silvouta (119.874,48€); e a de rúa da Medorra (173.324,84€).

Ademáis se prevé a construción dunha pista multideporte e un parque infantil na zona verde do SUNP 25 Roxos-Quintáns, que contará cunha inversión de 150.000,00€; así como tres obras de pavimentación no lugar de Aradas na Peregrina (143.236,40€); no lugar de Coira en Laraño (124.278,19€); e no núcleo interior do lugar de Pedrido (175.328,12€).

Compartir: