CENTROS SOCIOCULTURAIS

Aberto un novo prazo de inscrición nas Mañás de Nadal 2021

17/12/2021 Aquelas familias que non chegaron a tempo á preinscrición das Mañás de Nadal, poderán solicitar algunha das prazas vacantes ata o próximo luns

O prazo para solicitar unha das vacantes estará aberto das 00.00 h do sábado 18 de decembro ata as 14:00 h do luns 20 de decembro e deberá formalizarse mediante o envío da ficha de preinscrición dispoñible na web santiagodecompostela.gal ao correo electrónico ao enderezo ccpreinscricions@santiagodecompostela.gal

As prazas vacantes cubriranse por rigurosa orde de recepción dos correos no antedito buzón.

Ao longo do dia 21 confirmarase a obtención de praza a través do correo electrónico.

Prazas vacantes

- Mañás de Nadal no CSC das Fontiñas- 6 prazas (4 a 8 anos)
- Mañás de Nadal no CSC de Vite- 4 prazas(4 a 8 anos)
- Mañás de Nadal no CSC A Gracia- 10 prazas(4 a 12 anos)
- Mañás de Nadal no CSC de Figueiras- 1 praza.(4 a 12 anos)
- Mañás de Nadal no CSC de Conxo- 3 prazas(6 a 11 anos)

Compartir: