MEDIO AMBIENTE

Hoxe pola tarde terá lugar unha charla informativa sobre compostaxe e a entrega de composteiros

17/12/2021 O acto enmárcase no programa para o fomento da compostaxe "Compostela Orgánica" levado a cabo pola Concellaría de Medio Ambiente grazas ás axudas convocadas pola Xunta de Galicia (Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda) e cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional con cargo ao programa operativo Feder Galicia 2014-2020.

As persoas que solicitaron o composteiro na quenda do 5 ao 21 de novembro terán a oportunidade de asistir á charla informativa que terá lugar esta tarde de 17:30 h a 18:30 h e á posterior recollida dos composteiros e o material auxiliar desde as 17: 30 h ata 21.00 h. O evento terá lugar no Edificio CERSIA en Santiago de Compostela.

Os composteiros, cun peso aproximado de 13 quilos, entregaranse empaquetados para a súa mellor manipulación.

Documentos relacionados



Compartir: