EDUCACIÓN
Datas de realización e modalidades de participación:
O programa desenvolverase durante o período de vacacións escolares de Nadal: os días 22, 23, 24, 27, 28, 29, 30 e 31 de decembro de 2021 e o 3, 4, 5 e 7 de xaneiro de 2022, sen prexuízo dos traballos previos necesarios para a organización da actividade.
As modalidades a escoller polos interesados son:
Completa: os 12 días.
Quenda do mes de decembro de 2021: días 22, 23, 24, 27, 28, 29, 30 e 31.
Quenda do mes de xaneiro de 2022: días 3, 4, 5 e 7.
Nesta ocasión e pola situación da pandemia xerada pola COVID-19 non se admiten solicitudes para días soltos.
Publicación da listaxe de persoas admitidas no programa municipal de conciliación de Nadal 2021
16/12/2021 O Departamento de Educación do Concello de Santiago realizará o programa de conciliación laboral e familiar no período das vacacións de Nadal 2021 (días 22, 23, 24, 27, 28, 29, 30 e 31 de decembro de 2021 e o 3, 4, 5 e 7 de xaneiro de 2022). Este programa comprende un conxunto de actividades, a desenvolver en instalacións dos CEIP Monte do Postes e CEIP Quiroga Palacios, destinadas á poboación escolarizada en educación Infantil e Primaria do municipio de Santiago.
Este programa concíbese como un espazo educativo, de promoción do ocio e o tempo de lecer, ademais dun recurso para a conciliación familiar e laboral no tempo de vacacións.Datas de realización e modalidades de participación: