TURISMO

‘Cheescake actualizada’ e ‘Paté de mexillón crocante’ de A Maceta, gañadoras do XIII Santiago(é)Tapas

13/12/2021 Os premios do público foron para ‘Polbo á tasquiña’ de A Tasquiña de San Pedro
e ‘Canelo panko de lacón con grelos’ de La Planta.

O salón de actos do Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC) acolleu a gala de entrega de premios do XIII Santiago(é)Tapas e do II Santiago(é)Cóctel, conducida polo xornalista Xosé Manuel García. Ao acto asistiron, entre outros, o alcalde, Xosé Sánchez Bugallo; o concelleiro de Turismo, Sindo Guinarte; e outros membros da Corporación municipal, así como o presidente da Asociación Hostalaría Compostela, Thor Rodríguez, e unha nutrida representación da hostalaría compostelá.

En total, durante os 15 días que duraron os concursos repartíronse máis de 19.000 tapas e 1.400 cócteles. En canto a votos do público, contabilizáronse 12.024 válidos.

As propostas gañadoras foron:

- Primeiro Premio á Tapa Creativa Santiago(é)Tapas 2021, dotado cunha figura, un diploma e 1.000 euros para ‘Cheescake actualizada’ de A Maceta.

- Segundo Premio á Tapa Creativa Santiago(é)Tapas 2021, dotado cunha figura, un diploma e 500 euros para ‘Desayuno’ de ArteSana.

- Primeiro Premio á Tapa Tradicional Santiago(é)Tapas 2021, dotado cunha figura, un diploma e 1.000 euros para ‘Paté de mexillón crocante’ de A Maceta.

- Segundo Premio á Tapa Tradicional Santiago(é)Tapas 2021, dotado cunha figura, un diploma e 500 euros para ‘Luras de arroz negro de polbo con alioli de pera’ de a
Bodeguilla de Santa Marta.

- Premio Tapa do Público na categoría tradicional Santiago(é)Tapas 2021, dotado cunha figura, un diploma e 700 euros para ‘Canelo panko de lacón con grelos’ de La Planta.

- Premio Tapa do Público na categoría creativa Santiago(é)Tapas 2021, dotado cunha figura, un diploma e 700 euros para ‘Polbo á tasquiña’ de A Tasquiña de San
Pedro.

- Premio Maridaxe Cervezas Alhambra Santiago(é)Tapas 2021, dotado cun diploma, 500 euros en produto e un showcooking nun evento do patrocinador para ‘Filloa de mexillón’ de A Ostrería.

- Premio á mellor tapa sen glute Santiago(é)Tapas 2021, dotado cun diploma e unha cesta de produtos sen glute para ‘Cheescake actualizada’ de A Maceta.

- Premio ao cóctel con alcohol Santiago(é)Cóctel 2021, dotado cunha cocteleira, un diploma e 500 euros para ‘Bravú’ do Pub Atlántico.

- Premio ao cóctel sen alcohol Santiago(é)Cóctel 2021, dotado cunha cocteleira, un diploma e 500 euros para ‘Mango shake’ de A Carrilana.

- Mellor Gin Tonic Royal Bliss Tradicional, dotado cun diploma e 600 euros para ‘Ginvita’ de NVOGUE.

- Mellor Combinado Royal Bliss Vangarda, dotado cun diploma e 600 euros para ‘Blondie’ de Pub Atlántico.

Ademais destes galardóns, os chefs dos locais que maior puntuación obtiveron no concurso recibiron como agasallo un mandil oficial do XIII Santiago(é)Tapas. Estes foron: A Maceta, A Ostrería, A Tasquiña de San Pedro, Artesana, Bar Suso, Benboa, Bodeguilla de Santa Marta, La Planta, O Ferro e Pico de Galo.

O XIII Santiago(é)Tapas, o concurso de tapas de Santiago no que participaron 59 petiscos, é un evento promovido por Turismo de Santiago e organizado pola Asociación Hostalería Compostela. Nesta edición contou co patrocinio de Cervezas Alhambra, que na súa aposta pola gastronomía impulsou o premio ‘Maridaxe Cervezas Alhambra’. Cervezas Alhambra reivindica o tempo como o ingrediente principal á hora de abordar a gastronomía para desfrutar sen présas das mellores experiencias culinarias.

Tamén colaboraron Cash Récord, Fraga do Corvo e Utimaq, así como o CAB Obradoiro, a SD Compostela e o festival de cine Cineuropa, ademais da Asociación de Celíacos de Galicia.

O II Santiago(é)Cóctel é un concurso organizado pola Asociación Hostalería Compostela, co patrocinio de Cash Record e Royal Bliss, que nesta primeira edición contou con 23 cócteles participantes.

Direccións relacionadas



Compartir: