XUNTA DE GOBERNO

48 entidades deportivas recibirán as axudas para o fomento do deporte federado convocadas polo Concello de Santiago

03/12/2021 A Xunta de Goberno local, reunida en sesión extraordinaria, aprobou hoxe as subvencións para o fomento do deporte federado, das que se beneficiarán 48 entidades deportivas compostelás que percibirán, en total, 300.000 euros.

A finalidade desta "Convocatoria de subvencións en réxime de concorrencia competitiva, destinadas ao fomento do deporte federado. Ano 2021" é a promoción das entidades deportivas locais de carácter federado, non mercantís, non profesionais, e sen ánimo de lucro co obxecto de financiar, en parte, os gastos derivados da súa participación nas competicións deportivas establecidas nos correspondentes calendarios oficiais das federacións autonómicas e nacionais.

Documentos relacionados



Compartir: