ALCALDÍA

Xuntanza coa Asociación de Hostalería Nocturna

26/10/2021 O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, e o concelleiro de Turismo, Sindo Guinarte, mantiveron esta mañá no Pazo de Raxoi un encontro con representantes da Asociación de Hostalería Nocturna.

No encontro, que se enmarca nas reunións periódicas que mantén o Concello con diversos colectivos, fíxose "un repaso da situación do ocio nocturno, do que pasaron e tamén da recuperación", indicou o rexedor. O colectivo solicitou unha ampliación de horario das terrazas e Sánchez Bugallo anunciou que se estudará o tema e que "posiblemente fagamos autorizacións puntuais para determinadas datas", como a ponte da Constitución ou o Nadal.

A Asociación de Hostalería Nocturna tamén reclama a "plena normalización de horarios, pero é unha competencia da Xunta", lembrou o rexedor, que constatou, non obstante, que "o que imos vendo é que se vai producindo unha volta á normalidade". Sánchez Bugallo manifestou a súa confianza en que o sector da hostalería se vai recuperar a pesar das moitas dificultades sufridas durante a pandemia, "especialmente a hostalería nocturna".

Compartir: