XUNTA DE GOBERNO

Luz verde a dúas modificacións de crédito que se destinará a tres proxectos EDUSI e ao contrato do novo sistema de seguridade e comunicación do parque de bombeiros

16/04/2021 A Xunta de Goberno Local, reunida en sesión extraordinaria, aprobou dúas modificacións de crédito. Unha, por 50.000 euros, destinada a tres proxectos da EDUSI (Estratexia de Desenvolvemento Urbano Sostible e Integrado); e a outra, por 370.013,86 euros, para dar cobertura á adxudicación do contrato de "Subministración e instalación de sistemas de seguridade, comunicacións e modernización do centro de control do Parque de Bombeiros de Santiago de Compostela".

A partida de 370.013,86 euros é resultado das baixas por anulación do crédito dispoñible procedente de contribucións especiais percibidas de UNESPA nos anos 2013, 2014, 2015, 2016, 2017 e 2018.

En canto á achega de 50.000 euros servirá para dar cobertura á financiación dos proxectos "Rehabilitación do edificio Casa das Máquinas" (30.000 euros); "Mellora da accesibilidade en vivendas de barrios desfavorecidos" (18.740,11 euros) e "Iniciativa urbana sostible de patrimonio natural e emprego" (1.259,89 euros).

Agora estas modificacións de crédito, despois de ser aprobadas pola Xunta de Goberno, trasladaranse para a súa aprobación definitiva ao Pleno da Corporación, previo ditame da Comisión informativa de Presidencia, Réxime Interior, Facenda e Especial de Contas.

Documentos relacionados



Compartir: