ALCALDÍA

Os rexedores de Santiago e Ames retoman o proxecto de senda peonil e ciclable entre ambos concellos

01/12/2020 Xosé Sánchez Bugallo e José Minoñes mantiveron esta mañá un encontro no que abordaron as cuestións que afectan a ambos municipios; entre elas, o proxecto de senda entre Santiago e o Milladoiro, a EDAR ou a situación da pandemia.

Ambos rexedores amosaron a sua intención de desbloquear o proxecto que permitirá conectar de xeito peonil, inicialmente, e a través dunha senda ciclable, con posterioridade, os núcleos de Santiago e Milladoiro. "Estudaremos a fórmula máis viable para facer a conexión", indicou José Miñones, co obxectivo de que "xa poida haber un tránsito peonil en 2021".

Noutra orde de cousas, o alcalde de Santiago informou ao seu homólogo da situación da EDAR da Silvouta, infraestrutura que tamén afecta ao concello veciño. Sánchez Bugallo e Miñones comentaron tamén a posible flexibilización das medidas restritivas que afectan aos dous concellos e amosáronse esperanzados de que "poidan mudar esta venres", segundo apuntou o rexedor compostelán.

Compartir: