CONCELLO

Restricións aprobadas para Santiago na orde da Xunta de Galicia de 21 de outubro de 2020

22/10/2020 A Xunta publicou o 21 de outubro no Diario Oficial de Galicia as restricións previstas para Santiago por mor do paso a fase de 3 de incidencia da covid-19. Son as seguintes:

- Obrigatoriedade do uso de máscara, mantemento da distancia interpersoal e hixiene de mans.

- Grupos de máximo 5 persoas. Limítanse os grupos para o desenvolvemento de calquera actividade ou evento familiar ou social en espazos públicos ou privados aos constituídos exclusivamente por persoas conviventes.

- CERIMONIAS NUPCIAIS E OUTRAS CELEBRACIÓNS RELIXIOSAS OU CIVÍS • Ao aire libre: 50 persoas
• Espazos pechados: 25 persoas

- ACADEMIAS, AUTOESCOLAS E CENTROS PRIVADOS DE ENSINO NON REGRADO E CENTROS E ENTIDADES DE FORMACIÓN • 50 % do aforo

- ESTABLECEMENTOS DE HOSTALARÍA E RESTAURACIÓN Peche ás 01.00 h., non permitíndose o acceso de ningún cliente desde ás 00.00 h. Só grupos de conviventes.

• Bares e cafetarías
o Prohibido o consumo no interior do local
o Terrazas co 50% das mesas, mantendo a debida distancia de seguridade

• Restaurantes
o Zona comedor: 50% de aforo
o Consumo sempre sentados, mantendo as mesas a distancia de seguridade
o Prohibido o consumo na barra e zona de cafetaría ou bar

• Establecementos de lecer nocturno
o Prohibido o consumo no interior do local
o Terrazas co 50% das mesas, mantendo a debida distancia de seguridade

• Establecementos de restauración de centros sanitarios ou de traballo: servizo de cafetaría, bar e restaurante
o Actividade limitada aos traballadores ou, no caso dos centros sanitarios tamén a acompañantes de doentes.
o Aforo máximo do 50%.
o 5 persoas (conviventes) por mesa ou agrupación de mesas

- ZONAS COMÚNS DE HOTEIS E ALOXAMENTOS TURÍSTICOS • Actividades de animación / clases grupais: máximo 5 persoas (conviventes ou non), incluídos os monitores

- BIBLIOTECAS, ARQUIVOS, MUSEOS, SALAS DE EXPOSICIÓNS, MONUMENTOS E OUTROS EQUIPAMENTOS CULTURAIS • Grupos de máximo 5 persoas (conviventes ou non), incluído o monitor ou guía

- CINES, TEATROS, AUDITORIOS E ESPAZOS SIMILARES, E RECINTOS AO AIRE LIBRE E OUTROS LOCAIS E ESTABLECEMENTOS DESTINADOS A ESPECTÁCULOS PÚBLICOS E ACTIVIDADES RECREATIVAS • Ao aire libre: 75 persoas
• Espazos pechados: 30 persoas
• Poderase ampliar este límite logo da autorización da Dirección Xeral de Saúde pública
o Ao aire libre: 150 persoas
o Espazos pechados: 50 persoas

- CENTROS RECREATIVOS TURÍSTICOS O SIMILARES • Grupos de máximo 5 persoas (conviventes ou non), incluído o monitor ou guía

- ACTIVIDADES E INSTALACIÓNS DEPORTIVAS • Actividade física e deportiva non federada
o Ao aire libre: práctica individual ou colectiva (só conviventes), sen contar o monitor e sen contacto físico
o Instalacións e centros deportivos:
 práctica individual
 práctica colectiva: Aforo do 50%. Máximo 5 persoas (conviventes ou non) sen contacto físico e sen contar o monitor
o Piscinas: os grupos deberán estar constituídos só por persoas conviventes

- EVENTOS DEPORTIVOS, ADESTRAMENTOS E COMPETICIÓNS DEPORTIVAS • Poderán desenvolverse con público, sempre sentados
• Aforo máximo do 50%
o Ao aire libre: 75 persoas
o Espazos pechados: 30 persoas
• Poderase ampliar este límite logo da autorización da Dirección Xeral de Saúde pública
o Ao aire libre: 150 persoas
o Espazos pechados: 50 persoas

- ACTIVIDADES TURÍSTICAS • Actividades de turismo, organizadas por empresas habilitadas, e actividades de guía turístico
• Grupos de máximo 5 persoas (conviventes ou non), incluído o monitor ou guía

- CENTROS E PUNTOS DE INFORMACIÓN E CASETAS • Aforo máximo do 50%
• Grupos de máximo 5 persoas (conviventes ou non), incluído o monitor ou guía

- ACTIVIDADES DE TEMPO LIBRE PARA POBOACIÓN INFANTIL E XUVENIL As actividades realizaranse en grupos de 5 persoas (conviventes ou non), incluídos os monitores, e sen contacto entre os demais grupos
• Ao aire libre: 50% da asistencia habitual, cun máximo de 50 persoas, incluídos os monitores
• Espazos pechados: 50% da asistencia habitual, cun máximo de 25 persoas, incluídos os monitores

- CENTROS CÍVICOS E SOCIAIS • Aforo máximo do 50%
• Actividades en grupo: 5 persoas (conviventes ou non), incluídos os monitores

- CELEBRACIÓN DE CONGRESOS, ENCONTROS, REUNIÓNS DE NEGOCIO OU PROFESIONAIS, CONFERENCIAS, EVENTOS E ACTOS SIMILARES (inclúe xuntas de comunidades de propietarios e similares)
• Aforo máximo do 50%
o Ao aire libre: 75 persoas
o Espazos pechados: 30 persoas
• Poderase ampliar este límite logo da autorización da Dirección Xeral de Saúde pública
o Ao aire libre: 150 persoas
o Espazos pechados: 50 persoas

- ESTABLECEMENTOS E LOCAIS DE XOGO E APOSTAS • 5 persoas conviventes por mesa ou agrupación de mesas
• Ao aire libre: 150 persoas
• Espazos pechados: 50 persoas
• En caso de dispoñer de servizo de hostalaría, prohíbese o consumo no interior do local

- OUTROS LOCAIS OU ESTABLECEMENTOS COMERCIAIS • Aforo máximo do 50%
o Ao aire libre: 75 persoas
o Espazos pechados: 30 persoas

• Poderase ampliar este límite logo da autorización da Dirección Xeral de Saúde pública
o Ao aire libre: 150 persoas
o Espazos pechados: 50 persoas

• Non será de aplicación aos seguintes establecementos
o Establecementos comerciais de alimentación, bebidas, produtos e bens de primeira necesidade e alimentos para animais de compañía
o Establecementos farmacéuticos, servizos médicos ou sanitarios, ópticas, produtos ortopédicos ou produtos hixiénicos
o Salóns de peiteado
o Prensa e papelería
o Combustible para automoción
o Estancos
o Equipos tecnolóxicos e de telecomunicacións, comercio pola internet, telefónico ou correspondencia
o Lavandarías e tinturarías

Compartir: