ALCALDÍA

O alcalde recibe o novo comisario da Policía Autonómica

22/10/2020 Xosé Sánchez Bugallo, acompañado polo concelleiro de Seguridade Cidadá, Gonzalo Muíños, mantivo unha xuntanza co comisario da Policía Autonómica, Jorge Rubal, trala súa toma de posesión.

O comisario agradeceu o recibimento e púxose a disposición da alcaldía para colaborar en todos aqueles asuntos nos que se requira a presenza da Policía Autonómica.

Ao remate da xuntanza foron preguntados polos xornalistas sobre o control das medidas anti-COVID. O alcalde recoñeceu que entraña dificultades, en especial o relativo aos non convivientes.

Ampliación do decreto regulador do uso de terrazas
O goberno municipal, indicou o rexedor, está a estudar a orde da Xunta publicada na medianoite de onte para determinar as medidas adicionais que se deben tomar ao respecto co fin de aplicala e tamén para paliar os posible danos en determinados sectores. Neste sentido, Bugallo confirmou que se vai ampliar o decreto que regula as terrazas de hostalería para permitir que estas se poidan ubicar en espazos ata o de agora empregados para aparcamento. Será esta una norma con carácter xeral para todo o municipio pero que "haberá que estudar caso por caso". Este decreto está previsto que se publique mañá venres.

En canto ás axudas directas ao sector hostaleiro, o alcalde anunciou a intención do Concello de facelas efectivas antes dun mes.

Compartir: