TURISMO

Ábrese o prazo de inscrición para o XIII Santiago(é)Tapas

16/10/2020 Este venres, 16 de outubro, comeza o prazo de inscrición para a XIII edición do
Santiago(é)Tapas, o concurso de tapas de Santiago, un evento promovido por
Turismo de Santiago e organizado pola Asociación Hostalaría Compostela, co apoio
da Deputación de A Coruña e o patrocinio de Mahou. A día de hoxe está confirmada
tamén a colaboración de Coca Cola.

Ademais, iníciase o prazo de inscrición da segunda edición do concurso de cócteles
de Santiago, Santiago(é)Cóctel, patrocinado por Cash Record coa súa marca Áncora
de Silleiro, e a primeira do concurso de cafés, Santiago(é)Café, patrocinado por Cafés
Candelas; organizados ámbolos dous pola Asociación Hostalaría Compostela.

Poderán participar nestes certames todos aqueles locais de hostalaría situados no
termo municipal de Santiago que o desexen, sempre que estean en posesión das
licencias oportunas. Deberán rexistrarse para tal fin entre os días 16 e 30 de outubro
(ambos incluídos) cubrindo a folla de inscrición que se lles facilitará a través do correo
electrónico info@santiagoetapas.com ou do formulario que atoparán na páxina web
santiagoetapas.gal.

A XIII edición do Santiago(é)Tapas celebrarase do 26 de novembro ao 6 de
decembro. Entre todas as tapas participantes seleccionaranse dez finalistas que
competirán na final prevista para os días 11, 12 e 13 de decembro.

Compartir: