ALCALDÍA

Recepción en Raxoi aos Reis, que asinaron no Libro de Honra da cidade

25/07/2020 O alcalde, Xosé Sánchez Bugallo, e boa parte da Corporación asistiron aos actos con motivo da Ofrenda ao Apóstolo Santiago, que este ano realizou o Rei Felipe VI. Logo, o monarca e a súa dona, a Raíña Letizia, foron recibidos no Pazo de Raxoi, onde asinaron no Libro de Honra da cidade.

Rematada a cerimonia relixiosa celebrada no mosteiro de San Martiño Pinario, na que Felipe VI realizou a Ofrenda ao Apóstolo, a comitiva dirixiuse á Casa do Concello. Na Alcaldía, os Reis asinaron no Libro de Honra da cidade.

A continuación, os monarcas participaron nunha reducida recepción no salón vermello. Ademais do alcalde, Xosé Sánchez Bugallo, e da Corporación municipal; participaron nestes actos o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo; a vicepresidenta terceira do Goberno e ministra de Asuntos Económicos e Transformación Dixital, Nadia Calviño; o presidente do Tribunal Constitucional, Juan José González Rivas; o presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Á. Santalices; o delegado do Goberno en Galicia, Javier Losada; e o xeneral xefe da Forza Loxística Operativa, Juan Francisco Arrazola.

Documentos relacionados

Direccións relacionadas



Compartir: