XUNTA DE GOBERNO

O Concello aproba unha Oferta de Emprego para 2020 con 27 prazas de quenda libre

06/07/2020 A Xunta de Goberno Local aprobou este luns á Oferta Pública de Emprego para 2020. Tamén se deu o visto bo á ampliación de horarios da hostalería con motivo das festas do Apóstolo e San Roque e ao proxecto de mellora do estacionamento de Belvís.

A Oferta Pública de Emprego do Concello de Santiago para 2020 incluirá 27 prazas en quenda libre, das que 25 son prazas de funcionario/a e 2 de persoal laboral. A estas hai que sumar outras 19 prazas de promoción interna, das que 14 son para persoal funcionario e 5 para persoal laboral.

No documento adxunto de resumo da Xunta de Goberno pode consultarse o listado de prazas convocadas.

Ampliación de horarios na hostalería
Por outra parte, o Goberno local deu o visto á ampliación nunha hora do horario de peche dos locais hostaleiros durante as festas do Apóstolo e San Roque de 2020. A medida afecta ás noites do 13 ao 31 de xullo de 2020 (festas do Apóstolo) e ás noites do 7 ao 16 de agosto de 2020 (San Roque).

Convenios sociais
Na orde do día tamén figurou a aprobación de tres convenios con entidades sociais: Fundación Monte do Gozo-Proxecto Home, por unha contía de 45.000 euros; Asociación Itínera de Voluntarios en Saúde Mental, por 5.000 euros e Escola de Tempo Libre Don Bosco, por unha contía de 5.000 euros.

Aparcadoiro de Belvís
Finalmente, a Xunta de Goberno aprobou o proxecto de mellora da accesibilidade e integración do aparcadoiro municipal en superficie do parque de Belvís, cun orzamento de 353.740 euros e un prazo de execución de catro meses. Sobre esta obra, o alcalde expresou a súas dúbidas de que Tussa, debido á situación económica derivada da Covid-19, poida executala en 2020, polo que quedaría para o exercicio 2021.

Radar en Conxo
Preguntado pola entrada en funcionamento con capacidade sancionadora do radar de Conxo este luns, Sánchez Bugallo defendeu a "necesidade" do mesmo polo "incumprimento xeneralizado" que se da neste punto dos límites de velocidade. Así, indicou que, en probas previas realizadas a pasada semana, "de 2.000 vehículos controlados, ningún cumpría o límite".

Lembrou que a posta en marcha deste radar está anunciada dende hai meses e negou calquera afán recedadatorio. Neste sentido, apuntou que o obxectivo é "reducir a sinistralidade e que esta sexa o menos grave posible".

Documentos relacionados

Direccións relacionadas



Compartir: