EDUCACIÓN

Este venres remata o prazo de preinscrición para novo alumnado na Escola Municipal de Música

04/06/2020 A Concellaría de Educación lembra que mañá venres remata o prazo de presentación de solicitudes de ingreso na Escola Municipal de Música. Os impresos poden descargarse na web municipal ou na da da propia EMM.

Os impresos de solicitude e a documentación poden presentarse por rexistro, de forma telemática, seguindo as instrucións contidas na seguinte dirección: rec.redsara.es/registro/action/are/acceso.do. Tamén poden entregarse no Rexistro do Concello de Santiago, pedindo previamente cita no teléfono 981 543 122, ou por correo electrónico, a través da dirección dptoeducacion@santiagodecompostela.gal, indicando no asunto "Solicitude praza EMM Curso 2020-2021".

Para evitar os desprazamentos dos usuarios e usuarias interesados/as e aos efectos de obter información precisa sobre os procesos, estes/as poderán conectar coa Escola Municipal de Música e co Departamento de Educación vía telefónica e correo electrónico. Ademais está dispoñible toda a información na páxina web municipal e da Escola Municipal de Música.

No caso de haber máis solicitudes que prazas realizarase un sorteo público o 16 de xuño. As listaxes provisionais de admitidos/as na primeira convocatoria publicaranse a partir do 17 de xuño, concedéndose un período de reclamacións de 10 días naturais dende a devandita publicación provisional. A exposición pública da relación definitiva de admitidos na primeira convocatoria farase a partir do 29 de xuño.

O prazo de matrícula para os/as admitidos/as será do 29 de xuño ao 6 de xullo. Se daquela non é posible facelo presencialmente, facilitarase a presentación telemática da documentación.

Direccións relacionadas



Compartir: