ALCALDÍA

Homenaxe a Ricardo Carvalho Calero no Día das Letras Galegas

17/05/2020 O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, asistiu na rúa da Carreira do Conde ao acto en homenaxe a Ricardo Carvalho Calero con motivo do Día das Letras Galegas, organizado pola Real Academia Galega (RAG) e celebrado diante da que fora a súa casa en Compostela. No acto tamén participaron Víctor Freixanes, presidente da RAG; Miguel A. Santalices, presidente do Parlamento de Galicia; Román Rodríguez, conselleiro de Cultura e Turismo; Pilar López-Riobóo, subdelegada do Goberno na Coruña; Antonio López, reitor da USC; Margarita Ledo, académica da RAG, e Xosé Henrique Monteagudo, académico da RAG.

Nun acto sinxelo, condicionado polas restricións do estado de alarma, realizouse unha ofrenda floral e Margarita Ledo leu dous poemas do escritor. A cerimonia pechouse coa interpretación do Himno Galego a cargo de Susana Seivane.

Compartir: