MOBILIDADE E SEGURIDADE CIDADÁ

O Concello suma novas rúas peonís no Ensanche esta fin de semana

14/05/2020 O Concello pon en marcha esta fin de semana unha nova fase do Plan de peonalización do Ensanche, no marco das medidas para a desescalada da crise sanitaria motivada pola COVID-19. Así, este sábado 16 e domingo 17 de maio estarán pechadas ao tráfico de vehículos as rúas de Fernando III O Santo (no tramo entre a rúa da República Arxentina e a rúa da Rosa, a rúa Nova de Abaixo, a rúa de Santiago del Estero (dende a praza de Vigo) e a rúa de Santiago de Chile. Estas rúas únense ás de República do Salvador, Xeneral Pardiñas e Alfredo Brañas, que xa foron peonís a pasada fin de semana e que volverán selo nesta.

Todas estas rúas cortaranse ao tráfico ás 12:00 horas do sábado 16 e abriranse ás 24:00 horas do domingo 17. Para facilitar o tránsito, cada peón deberá circular pola súa dereita.

Unicamente se permitirá o acceso de vehículos aos garaxes destas rúas e aos aparcadoiros públicos.

Transporte urbano

Esta medida afectará tamén ao transporte público. As liñas 5, C2, C11 e P6 realizarán os seguintes desvíos, nos servizos a partir das 12:00 h do sábado 16 e nos do domingo 17 todo o día:

Liña 5
- Traxecto Vite – A Rocha: dende Doutor Teixeiro, os autobuses desviaranse pola rúa da Rosa, San Pedro de Mezonzo e praza Roxa.
- Traxecto A Rocha – Vite: dende República Arxentina, desvío pola praza de Puente Castro, rúa do Hórreo e cambio de sentido na praza de Galicia para acceder á parada habitual na ferretería.

Liña C2
Dende a rúa da Rosa, os autobuses desviaranse por Romero Donallo, con cambio de sentido na rotonda de confluencia con Rosalía de Castro e itinerario habitual pola avenida de Vilagarcía.

Liña C11
Dende a rúa de Santiago de Guayaquil, desvío pola rúa do Hórreo e cambio de sentido na praza de Galicia para acceder á parada habitual na ferretería.

Liña P6
- Traxecto A Rosa – Polígono do Tambre: dende República Arxentina, os autobuses desviaranse pola praza de Puente Castro, rúa do Hórreo e cambio de sentido na praza de Galicia para acceder á parada habitual na ferretería.

Quedan suprimidas as seguintes paradas:

- 433 República do Salvador (liña 5)
- 589 Santiago de Chile, cruce con Frei Rosendo Salvado (liña C2)
- 590 Santiago de Chile nº 31 (liña C2)
- 673 Xeneral Pardiñas nº 35 (liñas 5, C11 e P6)
- 674 Xeneral Pardiñas nº 7 (liñas 5, C11 e P6)

Compartir: